Espazos

Skatepark:

Para facer uso podes vir ata a Insumisa e falar coa xente que patina e está construindo o mini.

Sala de corpo – Ximnasio

É unha sala habilitada con algún equipamento de deporte. Ten uns 350 m cadrados e moita altura para facer tamén exercicios acrobáticos.

Sala de concertos e artes escénicas

É a sala principal onde desenrolar actividades musicais e outras como charlas, con posibilidade de realizar eventos temáticos solidarios.

Sala de exposicións – Kafeta

Estamos habilitando un espazo agradable onde ler, ver unha expo, reunirse, facer un pequeno evento…

Obradoiro de bicicletas

Este obradoiro está en fase de construcción e acolle actividades de mecánica de bicicletas e conta con pezas de recambio.

Praza de Mari Carmen

É unha zona destinada ao ocio: Ping Pong, pintura, lecer…ainda que nalgunhas ocasións lévanse a cabo actividades programadas.

Xardín e exteriores

Estamos comezando a coidar de prantas aromáticas nas áreas axardinadas e un grupo de horta reúnese todos os sábados para facer un espazo mais verde.

Anuncios